miércoles, 25 de noviembre de 2015

viernes, 23 de octubre de 2015

"POLA CARA" EXPOSICIÓN CARICATURAS CEDIDAS POR O MUSEO DO HUMOR DE FENE

https://polacarafene.wordpress.com/
A MOSTRA CONSTA DE 53 CARICATURAS
 REALIZADAS POR DEBUXANTES 
CARICATURISTAS GALEGOS, ESPAÑOIS,...
(para saber maís pinchade na foto)
 EXPOSICIÓN ABERTA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

O LUNS 26 SEGUIMOS A CELEBRAR O CUMPLE DE CUSCO

ESTE ANO DEDÍCASE O PREGÓN 
DO DÍA DAS BIBLIOTECAS A 
"ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS"

TEATRO 6º E. PRIMARIA

"A PANTASMA DA TERRA CHA"
O LUNS 26 NA AULA DE MÚSICA ÁS 14:30h.
(NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 3 ANOS)

CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS BIBLIOTECAS

DISFRUTAMOS DOS CONTOS DE FÁTIMA FERNÁNDEZ.
POR DEFERENCIA DA BIBLIOTECA MUNICIPAL

miércoles, 10 de junio de 2015

martes, 28 de abril de 2015

viernes, 17 de abril de 2015

TEATRO INFANTIL

"CONTÍN CONTÓN" de ANTÓN CORTIZAS
REPRESENTACIÓN TEATRAL  DO ALUMNADO DE E. INFANTIL
(DESEXÁDENOS SORTE, O 23 ESTARÁ ANTÓN NO COLE)

lunes, 23 de febrero de 2015

CUSCO CON ROSALÍA DE CASTRO





LEMBRANDO A ROSALÍA



A Capela, 23 febreiro, 2015.   
 Ola rapaces e rapazas!
O día 24 de febreiro celebramos “O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO”,  para conmemorar o aniversario do seu nacemento (24 febreiro de 1837),en Santiago de Compostela. É considerada na actualidade  como indispensable dentro  da literatura do século XIX. Escribir en galego na época na que ela viviu non era doado, a lingua galega era desprezada e desprestixiada. Toda a tradición escrita perdérase , e poucos eran os que se atrevían a escribir en galego, de facelo serían desprestixiados socialmente. Rosalía conseguiu devolverlle o prestixio á nosa lingua co seu libro “Cantares Gallegos” que a pesar de ter título en castelán está escrita en galego. Escribiu poesía pero tamén prosa. 
As súas obras máis coñecidas son “Cantares Gallegos”, “Follas Novas” e “En las orillas del Sar”.
 A obra de Rosalía continúa tendo moita atención e critica literaria, tanto en España como no estranxeiro, tal é o interese que esperta a súa obra que nas últimas décadas son moitos os seus poemas ós que lles poñen música e son cantados, e traducidos a idiomas como o francés, alemán, ruso, xaponés,….
  Rosalía finou en Padrón o 15 de xullo de 1885.
Propóñovos a lectura e recitado de poemas para conmemorar  este día, na Biblioteca tedes  CD de poemas  que poderedes atopar no libro “UXÍA PEQUENA ROSALÍA” e en “RAPOEMAS”, Lembrades!.
 Agárdovos na biblioteca.



martes, 27 de enero de 2015