martes, 24 de abril de 2012

23 de abril: Día do Libro

A celebración do Día do Libro no noso centro comezou coa exposición dos Libros Favoritos ao longo da semana. O día 23 de abril cada curso fixo lectura grupal na biblioteca de libros coma "O Quixote", empregando tamén o libro electrónico para que os alumnos e alumnas o coñecesen. Despois do xantar houbo unha proxección na que se explicaban as andanzas de Don Quixote e se levou a cabo a entrega de premios do concurso de marcapáxinas. O concurso tivo 5 gañadores, xa que a calidade dos traballos dos nenos e nenas da Capela fixo moi difícil escoller soamente un.

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Personalize your own presentación

martes, 17 de abril de 2012

Exposición para o Día do Libro

Para celebrar o Día do Libro os nenos e nenas da Capela deseñaron marcapáxinas para un concurso e trouxeron da casa o seu libro favorito para compartir con todos.

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Create a presentación

martes, 10 de abril de 2012

Conto d@s alumn@s de terceiro

Como cada derradeiro mércores de cada mes chegou a hora do conto, e esta vez lles tocou aos nenos e nenas de terceiro. Sorprenderon cunha visión moi divertida da educación actual, que incluía unha versión do famoso "Se eu che pego" con coreografía e todo!!

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Create your own presentación