miércoles, 27 de junio de 2012

Contos d@s alumn@s de infantil

Os máis peques do cole representaron dous dos seus contos favoritos cando estabamos a piques de rematar o curso. Foi o mellor xeito de despedirnos ata setembro e deixarnos con ganas de máis historias de animais un tanto especiais...

O conto dos nenos e nenas de 5 anos foi "O galo Quirico".
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This digital slideshow generated with Smilebox

O conto dos nenos e nenas de 3 e 4 anos foi "Pitiño Pito".
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Photo slideshow made with Smilebox

lunes, 11 de junio de 2012

Contacontos

A finais do mes de maio visitounos o contacontos Iago. Os nenos e nenas da Capela disfrutaron coa historia da "Princesa Sabela" e co estilo particular que ten este contacontos. Esperemos que volva pronto a visitarnos.

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
A presentación by Smilebox

Letras galegas

Aquí tedes o mural conmemorativo do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Valentín Paz Andrade. Algúns dos seus poemas son mensaxes nas botellas ao redor do seu barquiño de madeira.



lunes, 14 de mayo de 2012

Visita de Gloria Sánchez

A escritora Gloria Sánchez visitounos o pasado día 11 de maio para pasar connosco unha xornada moi especial, adicada ás súas obras. Por iso os nenos e nenas do noso cole fixeron estes traballos tan chulos que podedes ver nesta presentación:

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Personalize your own presentación

A visita foi moi entretida e @s alumn@s aproveitaron para que Gloria lles adicara os seus libros. Para agradecerlle a súa visita o cole agasallouna cun ramo de flores e unha figuriña de barro de Buño moi chusquiña.

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
This presentación created with Smilebox

Conto de 2º

A primeira semana de maio os nenos e nenas de 2º foron os encargados de entreter ao resto do alumnado do centro cun conto titulado "O príncipe non durme". O fixeron moi ben e a historia gustou bastante.

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Presentación customized with Smilebox

martes, 24 de abril de 2012

23 de abril: Día do Libro

A celebración do Día do Libro no noso centro comezou coa exposición dos Libros Favoritos ao longo da semana. O día 23 de abril cada curso fixo lectura grupal na biblioteca de libros coma "O Quixote", empregando tamén o libro electrónico para que os alumnos e alumnas o coñecesen. Despois do xantar houbo unha proxección na que se explicaban as andanzas de Don Quixote e se levou a cabo a entrega de premios do concurso de marcapáxinas. O concurso tivo 5 gañadores, xa que a calidade dos traballos dos nenos e nenas da Capela fixo moi difícil escoller soamente un.

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Personalize your own presentación

martes, 17 de abril de 2012

Exposición para o Día do Libro

Para celebrar o Día do Libro os nenos e nenas da Capela deseñaron marcapáxinas para un concurso e trouxeron da casa o seu libro favorito para compartir con todos.

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Create a presentación

martes, 10 de abril de 2012

Conto d@s alumn@s de terceiro

Como cada derradeiro mércores de cada mes chegou a hora do conto, e esta vez lles tocou aos nenos e nenas de terceiro. Sorprenderon cunha visión moi divertida da educación actual, que incluía unha versión do famoso "Se eu che pego" con coreografía e todo!!

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Create your own presentación

martes, 13 de marzo de 2012

Conto de 4º

Os alumn@s de cuarto nos fixeron pasar unha agradable tarde de mércores coa historia dunha ratiña moi peculiar...

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Presentación made with Smilebox

miércoles, 1 de febrero de 2012

Conto dos alumn@s de 5º

A finais de xaneiro os alumnos de 5º representaron un conto titulado "O casamento da Pulga e o Piollo". A verdade é que nos fixeron pasar un bo rato cunha historia chea de bichiños moi simpáticos.

Click to play this Smilebox presentación
Create your own presentación - Powered by Smilebox
Make your own presentación