miércoles, 22 de junio de 2011

Chegan as vacacións!!

Non queda nadiña. Dentro de semana e media remata o curso e non podía marchar de vacacións sen despedirme dos nenos e nenas da Capela. Espero que o pasedes moi ben na praia ou na piscina, xogando c@s amig@s, descansando e aproveitando para ler algún libro dos que non tivechedes oportunidade de ler durante o curso.
Biquiños de queixo e ata setembro!!

Cusco

martes, 21 de junio de 2011

Conto dos nenos e nenas de infantil

O día antes de rematar as clases os máis peques do cole fixeron dúas representacións que gustaron moito tanto aos nenos e nenas coma aos mestres e mestras.


Os nenos e nenas de 3 e 4 anos representaron "A noite das mudanzas"








Os nenos e nenas de 5 anos representaron "Eu non fun!"









A actuación dos nenos e nenas de infantil serviu de despedida para o noso director Secundino, que se xubila cando remate o mes de xuño. Ata pronto Secun!!


viernes, 10 de junio de 2011

Día das Letras Galegas

O pasado 17 de maio celebrouse como cada ano o Día das Letras Galegas. No noso cole quixemos coñecer a palabra en galego que máis lle gustaba a  cada nen@, a cada profe e a cada unha das persoas que traballan no noso centro. Quedounos un mural moi chusquiño que lle adicamos a Lois Pereiro, ese escritor que sabendo falar tantas linguas amaba tanto o galego.
Cada curso depositou as súas palabras fermosas nesta caixiña.


Despois esas palabras se xuntaron para formar o mural que podedes ver na seguinte foto.



viernes, 3 de junio de 2011

Sesión de contos con primeiro

O derradeiro mércores de maio os nenos e nenas de primeiro representaron "A ratiña presumida".


 Esta ratiña tiña moitos pretendentes!!






E colorín colorado, este contiño está rematado...